Cargando resultados...
O Deportivo queda sen Miku para o derbi contra o Celta B
Confirmouse a rotura fibrilar que o pode ter afastado dos campos tres semanas
G24.gal
21/03/2022 21:15
A fin de semana deixou otra grave lesión no fútbol galego. No Deportivo, Miku vai perder o vindeiro partido, e quizais algunha xornada máis.
Foi nunha xogada no último intre do partido contra a Cultural Leonesa. Ten unha rotura de fibras. Seguramente perda o derbi contra o Celta B. En lesións semellantes á do dianteiro o parón adoita ser dunhas tres semanas dependendo da evolución do tratamento.
Hai que lembrar que Miku foi o heroe no partido contra o Celta B da temporada pasada que se xogou en Barreiro. O dianteiro do Deportivo marcou unha tripla no triunfo por 0-3.