O Deportivo presenta a nova cara no Teresa Herrera
A Televisión de Galicia estará en directo en Riazor ás 20:00 para ofrecer o encontro diante do Le Havre
Antonio Hidalgo ten no seu bloc de notas as dúas posicións que quere reforzar; a dianteira e a portería. A primeira opción na portería está clara, un vello coñecido do adestrador como Álvaro Fernández co que coincidiu no Huesca, pero antes ten que resolver a súa situación contractual co Sevilla.
O club traballa arreo nas saídas, con xogadores como Petxarromán ou Bouldini na porta. Un que non marcha é Patiño, O xuvenil Samu estará en dinámica de primeiro equipo como cuarto central. E no caso de Chacón, a pelota está no tellado do xogador que será o que teña a última palabra para marchar a outro equipo cedido ou seguir buscando a súa opción na Coruña
Este sábado, a estrea diante dunha afección desexosa de ver as novidades. O rival nesta edición do Teresa Herrera será o Le Havre francés. A partir das oito da tarde o Teresa Herrera verase na Televisión de Galicia.