Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo prepara a artillería para superar o excapitán Mackay

O Deportivo prepara a artillería para superar o excapitán Mackay

O cadro coruñés quere saldar a débeda que acumula coa afección neste comezo de temporada

G24.gal 18/10/2024 15:12

Volve Ian Mackay a Riazor. O que era capitán do Deportivo saíu no pasado mes de decembro e fichou no Eldense. O meta coruñés contribuíu á salvación do equipo alacantino. Non comezou a campaña como titular pero afianzouse a partir da cuarta xornada.

O equipo coruñés sabe que de sensacións non se vive. E o Deportivo acumula débedas. A primeira, coa súa xente, que só o viu gañar unha vez no que vai de Liga. 

De momento, os de arriba non acertan: cero goles Barbero e Bouldini, un Lucas e Cristian Herrera. Son alleos á seca os Zipi e Zape da canteira, Mella e Yeremay. A volta do canario é auga de maio para Idiakez ás portas da visita dun Eldense máis rufo do esperado, pero a tiro dos deportivistas se por fin atina a súa artillería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade