Cargando resultados...
O Deportivo gaña 0-2 ante o Ourense C. F. no segundo Memorial Miguel Ángel
Os goles marcáronos Zakaria e Yeremay
G24.gal
26/07/2025 22:53
O Deportivo xogou no Couto o seu segundo partido de pretemporada con vitoria por 0-2 ante o Ourense C. F. no segundo Memorial Miguel Ángel. Houbo un gol en cada parte. Zakaria marcou no minuto 36. E moi preto do final do partido, no minuto 88, anotou Yeremay.
O seguinte amigable do Deportivo será o mércores en Inglaterra ante o Watford.