Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo encara a primeira oportunidade para asegurar o ascenso no Zorrilla

O Deportivo encara a primeira oportunidade para asegurar o ascenso no Zorrilla

No partido de hoxe (18:30 h) haberá mil deportivistas con entrada asegurada, que viaxarán en 14 autobuses

Especial do 'En xogo' co posible ascenso do Deportivo (20:10 h, TVG)

G24.gal 23/05/2026 09:39

O Deportivo encara as horas definitivas da temporada. Este domingo, no Novo Zorrilla de Valladolid, ten a primeira oportunidade para asegurar o ascenso. 

A fórmula de Hidalgo está clara.

Pucela tinguirase de azul e branco. A Federación de Peñas fretará 14 autocares para acompañar o equipo rumbo ao ascenso. Pero o Valladolid quere empregar a presenza do deportivimos ao seu favor.

Non está disposto o Valladolid a ser testemuña no seu campo dunha festa allea.

Sabe Escribá que terá que frear un equipo impulsado pola fe inesgotable dunha afección de Primeira.

Valladolid será branca e azul. Notarase o alento de afección. Como tamén se notou este mediodía na Cidade Deportiva de Abegondo. O equipo marchaba arroupado polos seus. A Federación de Peñas organizou unha despedida grandiosa. E os xogadores deportivistas agradeceron tanto agarimo. Algúns deles mesmo baixaron do autobús para saudar persoalmente os seareiros brancos e azuis.

O equipo non se vai sentir só en ningún momento para a disputa dun partido que pode ser definitivo para o ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade