Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo empata na súa visita a Zubieta

O Deportivo empata na súa visita a Zubieta

Os de Idiakez sacan un punto grazas a un gol de Barbero na segunda metade

G24.gal 18/05/2024 18:57

A visita do Deportivo a Zubieta rematou cun empate para dous equipos que non tiñan nada en xogo. Por sacar algo, os de Idiakez podían manter o seu invicto na segunda volta. 

A primeira metade estaría protagonizada pola chuvia máis que polos goles. Un Deportivo cheo de rotacións tocaba o balón con velocidade pero non era quen de atopar quen finalizara no treito final. Polo seu lado, a Real Sociedade B tampouco tiña a claridade para achar o gol e ambos os equipos marcharían ao descanso con empate a cero no marcador. 

Non pasaran nin dez minutos do segundo tempo cando os locais conseguirían adiantarse. Goti rabuñaría un balón solto na área coruñesa para adiantar os seus no que era a súa primeira ocasión tras o tempo de lecer. O partido seguiría igualado, mais as cousas cambiarían cos cambios de Idiakez. Saltaría ao verde Yeremay que non tardaría en facerse notar nunha xogada polo esquerda que remataría cun tiro que deixaría o balón morto para a chegada de Barbero. O dianteiro empataba un partido que cambiara coa entrada do canario e que mantería ese mesmo guión ata o final. 

Non habería máis goles ata o asubío do árbitro que indicaba o remate do encontro. O Deportivo mantivo o seu invicto particular na segunda volta do campionato coa mente posta no partido ante o Castellón polo título da Primeira Federación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade