Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo e o filial do Barcelona manteñen o pulso a oito xornadas do final

O Deportivo e o filial do Barcelona manteñen o pulso a oito xornadas do final

Os coruñeses foron os únicos que lograron o triunfo na xornada

O Celta Fortuna queda lonxe do ascenso directo e o Lugo comeza a despedirse das aspiracións de play off

G24.gal 01/04/2024 20:25

Era unha saída complicada, pero o Deportivo superouna con solvencia. O Cornellà, que nos últimos tres encontros na casa non recibiu gol, presentábase como un rival rochoso ante o que defender o liderado. Un solitario gol de Hugo Rama, na súa segunda titularidade consecutiva, derrubou ese muro.

O Celta Fortuna perdeu pola mínima no campo do Tarazona. Un encontro en que apenas houbo ocasións, pero sen dúbida as mellores foron para os celestes. Faltoulles sorte aos de Fredi nos últimos metros. A que tivo o Tarazona no treito final do encontro.

En Espiñedo houbo repartimento de puntos. Arenteiro e Real Sociedade B protagonizaron un gran partido de fútbol. Vinte e catro remates a porta entre os dous equipos e dez paradas determinantes de Diego García para deixar un punto na casa. Pablo Marín asinou o gol dos donostiarras. Iván Ramos marcou o gol da xornada.

O Lugo perdeu na casa da Cultural por dous goles a cero. Os de Trashorras non se engurraron ante un dos candidatos ao play off, foron polo partido e dispuxeron de ocasións. Pero dous penaltis en menos de dez minutos, os dous por man na área, decidiron o encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos