Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo e o Celta B xogan na G2 no inicio da segunda volta

O Deportivo e o Celta B xogan na G2 no inicio da segunda volta

G24.gal 21/01/2023 14:46

Comeza a segunda volta na Primeira Federación. Dous equipos galegos xogan na tarde de hoxe. As sete, veremos na G2 o encontro de Riazor entre o Deportivo e o Raio Majadahonda. O equipo coruñés non pode fallar logo da derrota en Alcorcón e unha semana de dúbidas sobre os movementos no cadro de xogadores.

Máis tranquila foi a semana en Ferrol tras a vitoria e o bo xogo do Rácing ante o San Sebastián de los Reyes. Os de Cristóbal Parralo afrontarán un compromiso complicado a domicilio ante o Real Madrid Castela, o terceiro clasificado con seis puntos máis que os racinguistas.

Mañá domingo será a quenda do Celta B e o Pontevedra. As cinco da tarde veremos na nosa segunda canle o encontro de Balaídos entre o filial celeste e o Linares. Os vigueses veñen de perder en Talavera, pero están nun bo momento e a só seis puntos do playoff, aínda que non queren botar contas.

E o Pontevedra visita ao Linense co director deportivo Toni Otero como adestrador tras o cesamento de Antonio Fernández. Unha solución non exenta de polémica para intentar saír dos postos de descenso. O Pontevedra está a catro puntos da permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade