Cargando resultados...
O Deportivo-Celta Fortuna estrea (19:00 h) as retransmisións da 1ª RFEF na G2
G24.gal
07/10/2023 12:31
Antes de que os xogadores do Deportivo e o Celta Fortuna salten ao céspede de Riazor, os dous adestradores manexan conceptos distintos. Giráldez fala de orgullo; Idiakez, de punto de inflexión.
As baixas obrigan a Idiakez a reestruturar case ao completo a liña defensiva. O técnico agarda do Celta Fortuna unha proposta diferente.
O filial chega a Riazor co cartel do mellor galego da categoría. Aínda así, Giráldez cre que ao seu rival lle faltan puntos.
Xuventude contra veteranía. Ilusión contra presión. Os que non vaian a Riazor, poderán ver este choque de estados de ánimo na G2.