Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca o terceiro posto no derbi da despedida do Pontevedra en Pasarón

O Deportivo busca o terceiro posto no derbi da despedida do Pontevedra en Pasarón

G24.gal 27/05/2023 13:10

Pasarón vivirá un derbi con sensacións ben distintas para o Pontevedra e o Deportivo. Os granates despiden unha triste temporada que levou ao histórico clube do Hai que roelo a un doloroso descenso. Os de Juan Señor intentarán acabar do mellor xeito posible.

Ben distinta é a situación para o Deportivo, que ten que mellorar o resultado do Real Madrid Castela en Alxeciras para terminar na terceira praza. Recuperada a ilusión trala estrea de Rubén de la Barrera, o equipo coruñés busca a continuidade das boas sensacións da pasada xornada.

Todo iso sen arriscar cos apercibidos de sanción. Lapeña, Mario Soriano e Kuki Zalazar non xogarán. Sí que o fará Alberto Quiles, quen terá algúns minutos en Pasarón.

De la Barrera move pezas, pensando no playoff. O técnico quixo desexarlle sorte ao Rácing de Ferrol, que pode acadar o ascenso directo, na previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos