Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo asina a Lorenzo Amatucci

O Deportivo asina a Lorenzo Amatucci

O centrocampista italiano chega dende a Fiorentina e asina ata 2031

O ano pasado xogou cedido na UD As Palmas

G24.gal 09/07/2026 09:23 Última actualización 09/07/2026 11:21

O Dépor anuncia a súa cuarta incorporación. Tras asinar a Teun Gijselhart, Leo Román e Ede Bright, chega ao clube herculino Lorenzo Amatucci. O centrocampista italiano era propiedade da Fiorentina e xogou a tempada pasada na UD Las Palmas en calidade de cedido. O Deportivo incorpora a Amatucci ata o ano 2031.

Baixo as ordes de Luis García desputou 42 partidos na Liga Hypermotion, 40 en "liga regular" e os dous de Playoff fronte ao Málaga. Amatucci acadou 4 asistencias durante a súa participación cos canarios. Tamén desputou 24 partidos nas categorías inferiores de Italia, repartidos entre a sub18, sub19 e sub20.

Tras pechar esta operación, o Deportivo busca a sinatura de Jonan Asp Jensen, futbolista danés do Bayern de Múnic que xogou no Grasshoper suizo a tempada pasada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade