Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca xogará a final polo ascenso á Primeira División

O Deportivo Abanca xogará a final polo ascenso á Primeira División

Empatou diante do Cacereño no partido de volta (1-1) e fixo valer a súa mellor clasificación na liga regular

G24.gal 27/05/2023 16:26

O Deportivo Abanca xogará a final polo ascenso á Primeira División despois de derrotar o Cacereño nunha eliminatoria agónica que se resolveu pola mellor clasificación das coruñesas na competición regular. 

A eliminatoria chegaba co empate sen goles da ida e o partido de volta tamén acabou en empate (1-1). Adiantáronse as coruñesas cun gol de Cris Martínez (58') e empatou Edna tres minutos máis tarde (61'). 

Houbo que xogar unha prórroga, en boa parte grazas a unha parada de Yohana co tempo cumprido na que o Cacereño puido levar o triunfo e o pase á final. A prórroga resolveuse sen goles co que o Deportivo Abanca supera a eliminatoria e xogará diante do Granada (eliminou ao Osasuna por un global de 5-0) a gran final polo ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos