Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca rescata un punto en Zaragoza

O Deportivo Abanca rescata un punto en Zaragoza

Perdía por 2-0 no minuto 60 pero refíxose e acadou o empate cun gol no 87

G24.gal 20/02/2022 14:09

O Deportivo Abanca rescatou un punto na súa visita ao Zaragoza CFF (2-2). Perdía por 2-0 no minuto 60 pero acabou marcando no 87 o gol do empate. 

O primeiro tempo foi de claro dominio coruñés ao que lle anularon dous goles. O Zaragoza acertou nas dúas que tivo. O primeiro marcado por Nachula (m22) e antes do descanso anotaba Naira García (m43). 

Non desesperou un Deportivo que, de gañar, subiría á primeira posición do Grupo Norte. No 62 recurtou diferenzas a goleadora María Ruíz. E cando máis complicado estaba o partido empatou Laura Fernández, que acababa de entrar no campo. 

O Deportivo Abanca queda como segundo clasificado con 38 puntos, un menos que o líder, o Levante Las Planas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade