Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca remata a liga do ascenso cun empate en Albacete

O Deportivo Abanca remata a liga do ascenso cun empate en Albacete

Tiña que gañar e agardar un tropezo do Barcelona B para proclamarse campioas, pero non se deu ningún dos dous resultados

G24.gal 28/04/2024 10:59

O Deportivo Abanca rematou o campionato da Primeira Federación feminina cun empate no campo do Alba Fundación (2-2). Logo do ascenso conseguido a semana pasada tiña o obxectivo de subir como campioas da liga pero non se deu ningún dos dous resultados que precisaban. Tiñan que mellorar o marcador dun Barcelona B (como filial non pode ascender) que gañou en Bilbao. 

O partido tivo alternativas e emoción. Millene marcou de penalti o 0-1 no minuto 15. Empatou o Albacete co tanto de Leire Peña no 31. Non se moveu o marcador ata os últimos cinco minutos cando a local Claudia Riumallo puxo o 2-1. Non quería marchar cunha derrota o Deportivo Abanca que empatou no último minuto grazas a un remate de Laura Gutiérrez. 

Agora toca descanso para as xogadoras e trafego nos despachos para conformar o orzamento e deseñar un equipo que poida permanecer na máxima categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade