Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca busca o liderado ante o Oviedo

O Deportivo Abanca busca o liderado ante o Oviedo

Laura Fernández: "É inevitable mirar a clasificación pero centrámonos en cada partido co obxectivo do ascenso"

O equipo masculino buscará mañá defender a súa condición de líder

G24.gal 19/11/2021 16:57

Dous vellos coñecidos que se disputaban temporadas atrás o liderado do desaparecido grupo 1º de Primeira Nacional, antesala da Primera Iberdrola, Deportivo Abanca e Oviedo Moderno C. F., vólvense a atopar mañá sábado 20 de novembro ás 19:00 en Abegondo, en partido correspondente á 10ª xornada.

Ademais da rivalidade deportiva, do equipo ovetense chegaron a Abegondo futbolistas da talla de Iris Arnaiz, ex capitá branquiazul agora nas filas da Real Sociedad, ou María Méndez, integrante do mellor Deportivo ABANCA da historia; e milita actualmente a porteira ex deportivista María Miralles.

As branquiazuis chegan ao partido despois de derrotar no Centro Deportivo Wanda Alcalá de Henares ao Atlético de Madrid B (2-3), sumar 22 puntos e situarse a tan só 2 puntos do líder, FC Levante Las Planas, que caeu a pasada fin de semana ante o C. D. Pradejón (1-2) e quedou con 24 puntos.

Laura Fernández: "É inevitable mirar a clasificación pero centrámonos en cada partido co obxectivo do ascenso".

En Abegondo, o vestiario do Dépor Abanca levou ademais esta semana a alegría da convocatoria de Ainhoa Marín para disputar un amigable ante Noruega coa selección española absoluta promesas (sub-23).

Miguel Llorente conta coas baixas de Alba Merino e Eva Dios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade