O deporte urbano chega a Ferrol co Parrochiño Urban Games
A escalada de velocidade ou o slickline son algunhas das disciplinas que propón o festival
Levaba tempo preparándose, pero a pandemia adiou o desembarco dos deportes urbanos en Ferrol. Agora si, o peirao de Curuxeiras é o escenario de exhibicións e de competicións de disciplinas aínda pouco coñecidas, como a escalada de velocidade ou o slickline. Adrenalina en estado puro no Parrochiño Urban Games.
A escalada de velocidade estreouse como deporte olímpico en Tokyo. Quince metros de ascenso e unha inclinación de cinco graos poñen a proba a coordinación, a forza e a resistencia dos escaladores. É unha das disciplinas máis espectaculares do festival, que demostrou o auxe que experimentan os deportes urbanos.
Ademais das competicións, o Parrochiño preparou demostracións e talleres para entrar en contacto con algunha destas disciplinas. Patinaxe, skate e hip hop completan a proposta.