Publicador de contidos
Publicador de contidos

O deporte, unha ferramenta poderosa para construír un mundo máis xusto e igualitario

O deporte, unha ferramenta poderosa para construír un mundo máis xusto e igualitario

Foi a mensaxe que lanzaron as campioas Alba Redondo e Ivana Andrés, representantes da selección feminina na Eurocámara

G24.gal 12/03/2024 20:37

Ivana Andrés e Alba Redondo lembráronlles aos europarlamentarios que o deporte é unha ferramenta extraordinariamente poderosa para construír un mundo máis xusto e igualitario. Elas, campioas do mundo, sábeno mellor ca ninguén.

As internacionais españolas viaxaron a Estrasburgo en representación do equipo para visibilizar o deporte feminino. E dende aí reclamaron a construción de referentes femininos fortes que inspiren as novas xeracións.

Coa súa visita, enmarcada nos actos conmemorativos do 8 de marzo, as xogadoras escenificaron que non hai barreira que poida frear o cambio impulsado polas mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos