Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor pide aos seus socios “extremar as precaucións” tras sufrir “un ciberincidente”

O Dépor pide aos seus socios “extremar as precaucións” tras sufrir “un ciberincidente”

O caso xa está foi trasladado tanto aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado como á Axencia Española de Protección de Datos

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 22/05/2025 12:05 Última actualización 22/05/2025 12:10

O Deportivo informou os seus socios de que o pasado 16 de maio sufriu “un ciberincidente de seguridade” que afectou unha das súas bases de datos, o que implicou “o acceso non autorizado” aos datos “identificativos e de contacto” dos seus abonados.

Con todo, o club galego sinala no seu comunicado de prensa que o incidente foi resolto “de forma inmediata” sen que se visen “comprometidos” datos financeiros dos socios.

“A orixe do incidente foi unha brecha de seguridade na contorna do noso servidor aloxado en AWS (Amazon Web Services), que permitiu un acceso non autorizado a unha base de datos. Tras a súa detección, tomáronse as medidas oportunas para evitar que o fallo de seguridade volva producirse e emprenderanse as accións legais correspondentes contra a empresa responsable”, explica o Dépor.

O club de fútbol, a pesar diso, pide aos seus socios “extremar as precaucións ante a recepción de chamadas, correos electrónicos ou mensaxes sospeitosas”, a pesar de que o caso xa está foi trasladado tanto aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado como á Axencia Española de Protección de Datos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade