O Culturgal chega á súa XIX edición con máis de 200 actividades para todos os públicos
Unha das novidades desta edición do Culturgal é o barrio dos videoxogos, onde se reúnen colectivos, creadores e público afeccionado
O Culturgal rematará o domingo coa estrea de Balbino le a Neira Vilas, do dramaturgo e actor Candido Pazó
800 artistas de todas as disciplinas e preto de 200 espectáculos e actividades conforman a programación do Culturgal. Desde hai 19 anos, o Pazo da Cultura de Pone, é o punto de encontro entre os sectores da cultura galega e o seus públicos.
"Sobre todo editoriais e proxectos artesanais, de maxia, teatro...un pouco poñerne ao día". "O tema de letras, presentacións de libros, recitais, que estaba vendo un, e sobre todo presentacións de libros", din dúas asistentes ao Culturgal.
Unha das novidades desta edición do Culturgal é o barrio dos videoxogos, onde conviven as últimas creacions das produtoras independentes cos primeiros videoxogs en galego. deseñados nos anos 80.
"Videoxogos producidos nos anos 80 e 90 por parte de Fran Morell, unha serie de aventuras conversacionais para Spectrum, e posteriormente Terra Terremota", o primeiro videoxogo que tivo voces en lingua galega", explica Lucas Costas, comisario do Museo dos Videoxogos.
Como en edicións anteriores, o Culturgal acollerá a primeira actividade do Día das Letras Galegas, dedicado en 2027 a Xosé Neira Vilas. Será coa estrea, este domingo, do espectáculo Balbino le a Neira Vilas, de Candido Pazó.
"O que intentamos é facer todos os anos unha proposta de espectáculo que sexa un pouco máis novidoso, e por eso este ano temos unha actividade con Candido Pazó, que se titula "Balbino le a Neira Vilas". É como o personaxe ve o autor, e está Candido Pazó acompañado do Liberdade Ensamble, un grupo de música contemporánea", explica o director do Culturgal, Camilo Franco.
A xornada do sábado rematará con música. Catro das bandas gañadoras dos premios Martín Códax ofrecerán un concerto no Auditorio do Pazo da Cultura.