Publicador de contidos
Publicador de contidos

O croata Roko Badzim terá os seus minutos ante o Zaragoza

O croata Roko Badzim terá os seus minutos ante o Zaragoza

Confirmouno Moncho Fernández: "Con dous días non tes adquiridos os automatismos, pero poderá axudarnos"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 10/10/2023 12:39 Última actualización 10/10/2023 14:33

O Obradoiro, co que vai debutar o internacional croata Roko Badžim, pecha este mércores o seu carrusel de partidos ante o Casademont Zaragoza, un duelo entre dous equipos que buscan vivir unha tempada máis tranquila que o curso pasado.

"Quedan un par de adestramentos e Roko está traballando moito para adaptarse, fai un esforzo grande".

"Con dous días non tes adquiridos os automatismos pero poderá axudarnos".

Eliminado da liga de Campións tras caer na final da fase preliminar ante o Estrasburgo, o bloque que dirixe Moncho Fernández centra o seu foco na liga Endesa. O Obradoiro quere facerse forte na súa pista, onde xa foi golpeado polo Bilbao Basket nun partido que se lle escapou na recta final.

Nese encontro a perda do rebote condenou ao equipo galego, que o corrixiu catro días despois para poñer contra as cordas ao Valencia Basket na Fonteta, onde foron as perdas de balón o que lle impediu sumar a súa segunda vitoria.

Moncho Fernández ten claro que o seu equipo necesitará minimizar esas perdas para ter opcións de vitoria ante o Zaragoza, un equipo que sente cómodo correndo. É unha das armas do equipo de Porfirio Fisac. A outra estará na pintura. A Pustovyi, que vén de asinar o seu mellor partido en Valencia, Blazevic e Guerrero espéralles unha dura batalla baixo o aro ante un rival que se reforzou co pivote estadounidense Jahlil Okafor, terceira elección no draft da NBA 2015.

Con pasado en clubs como Philadelphia 76ers, Brooklyn Nets, New Orleans Pelicans ou Detroit Pistons, o pivote americano está a ser xunto a Smith, Santi Yusta e Emir Sulejmanovic una das principais ameazas ofensivas do Zaragoza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos