Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Couto acolle un derbi de Copa histórico para a U. D. Ourense

O Couto acolle un derbi de Copa histórico para a U. D. Ourense

O conxunto ourensanista disputa o seu primeiro partido da Copa do Rei

O Pontevedra viaxa con moito por gañar e moi pouco que perder esta noite

G24.gal 29/10/2025 13:08 Última actualización 29/10/2025 13:29

Día histórico para a U. D. Ourense. Tiveron que pasar 11 anos para que o conxunto ourensanista dispute o seu primeiro partido da Copa do Rei. Tras arrincar nos campos de terra de Terceira Futgal, os unionistas foron escalando ata chegar á Segunda Federación e xogar a primeira eliminatoria do torneo copeiro

O adestrador da U. D. Ourense, Borja Fernández, fai fincapé nas características do partido.

“Para nós é unha festa porque é o noso primeiro partido en Copa do Rei, pero doutra banda é unha competición moi importante e representamos ao club, polo que temos moitas ganas de pasar a eliminatoria, aínda que sabendo das complicacións que hai”.

O Ourense recibe no Couto ao Pontevedra de Primeira Federación, un club histórico do fútbol galego que virá moi acompañado. Para a cita, o Pontevedra ten a todos os seus xogadores dispoñible.

Os homes de Rubén Domínguez mídense nun derbi galego con moito por gañar e moi pouco que perder esta noite.

"Se queremos ver fútbol profesional en Pasarón, hai que pasar a eliminatoria. Non o afrontamos con medo, senón con ilusión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar