Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coudet máis reivindicativo: "Deixei de ser eu para non xerar máis titulares"

O Coudet máis reivindicativo: "Deixei de ser eu para non xerar máis titulares"

"Non o entendo, a partir de cada conferencia de prensa hai un problema"

"Hai un ano faríanme un monumento nesta situación", comentou o adestrador, que asegurou: "O primeiro obxectivo era non sufrir e non vexo aos seareiros sufrindo"

G24.gal 21/02/2022 23:51

Coudet falou claro en conferencia de prensa, levaba a mensaxe meditada e expresouna en alto: "Deixei de ser eu para non xerar máis titulares". O adestrador non entende o clima de crispación que se vive ás veces arredor dun club "en que nos levamos todos ben. Non necesito interlocutores, se teño que dicir algo ao presidente ou a un compañeiro dígollo á cara". 

O Chacho reivindicou o aspecto deportivo do seu equipo: "Hai un ano faríanme un monumento se estamos nesta situación. Non teño problema con ninguén e estou moi ledo aquí. O obxectivo era non sufrir e creo que os seareiros non están sufrindo este ano". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade