Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo volve tropezar contra un rival da zona baixa (0-1)

O Coruxo volve tropezar contra un rival da zona baixa (0-1)

O Langreo, coa lei do mínimo esforzo, gañou no Vao tirando proveito dun erro defensivo

G24.gal 20/11/2022 19:17

Igual que acontecera hai tres semanas co Burgos Promesas, o Coruxo volveu tropezar na casa con outro rival que estaba en postos de descenso. O Langreo chegaba á cita con oito puntos e nunha situación complicada. Tirou proveito dun erro grave de Antonini ao pouco de comezar o partido e defendeu con uñas e dentes o gol de Poveda. 

Non foi o mellor partido do equipo dos irmáns Montes. Na primeira parte xeraron pouco perigo e na segunda conseguiron xogar con algo máis de fluidez. De todos os xeitos, acumularon merecementos para non saíren derrotados da cita, pero non era o día en ataque do Coruxo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade