Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo tentouno ata o final, pero perdoou e pagou (1-2)

O Coruxo tentouno ata o final, pero perdoou e pagou (1-2)

Os locais contaron con ocasións dabondo, pero non estiveron acertados

O gol de Añón serviu para recortar distancias, pero non foi suficiente

G24.gal 24/02/2024 18:19 Última actualización 24/02/2024 20:09

O Coruxo viuse superado no resultado polo filial do Oviedo. A pesar do bo xogo e das ocasións dos vigueses, os visitantes levaron os 3 puntos para Oviedo. Avisaron axiña os de David de Dios co centro de Naveira ao que non chegou Añón. Con todo, o gol chegou para os 'azulóns'. Chegada por banda esquerda ao que Chekotun reacciona en primeira instancia. O balón quedou morto e chegou Sesé para empurralo a gol e facer o 0-1. Inda así, os vigueses seguiron co seu plan e dominando o encontro. Tiveron opcións para igualar. Davo e Añón levaron o peso ofensivo, pero non estiveron acertados. Primeiro cunha peinada de Davo que lambeu o pau tras o centro de Añón desde a esquerda. Despois, outra vez Davo esvarou á hora de finalizar na área pequena. Perdoaron e pagaron. Diego fixo un golazo. Primeiro, avisou cunha falta que pegou no traveseiro. A segunda, o xogador inda en idade xuvenil, non perdoou. Engachou unha bonita volea e furou a rede defendida por Chekotun. Demasiado castigo para os locais. 

Empezou ben o Coruxo o segundo acto. Dun balonazo de Chekotun, Álex Rey fixo virtude. Cedeu o balón para que Añón empurrase pero mandouna arriba.  Unha máis perdoada. Estaban ben os locais, intensos e propositivos con balón. O paso dos minutos baixou o ritmo do partido. A chuvia fixo que o campo fixérase máis pesado, e as pernas cansáronse. No 68, Pitu lanzou e deixou solo a Añón diante de Marco. Esta vez sí. Co interior puxo o balón colocada nun lado e recortou distancias. E puido chegar o empate na seguinte xogada, Vander plantouse diante do gardameta visitante pero non acertou co remate. A partir desta clara ocasión, os locais perderon fol e non foron quen de conseguir crear oportunidades para o empate. 

O Coruxo perde ante un rival directo e queda 10º con 29 puntos, 2 por riba do posto de play-out.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos