Cargando resultados...
O Coruxo roza a excelencia no Helmántico (0-3)
Sumou 16 dos últimos 18 puntos e xa está a un punto da fase de ascenso
G24.gal
13/03/2022 20:07
O Coruxo segue a confirmarse como o mellor equipo arestora da Segunda Federación. Pasoulle por riba a un Salamanca que só puido aplaudir o fútbol que desenvolveron os vigueses. O tanto de Pablo Crespo antes do descanso aclarou moito a situación. Na segunda parte Mateo fixo o segundo ao pouco de comezar e Youssef anotou o terceiro. Xa non houbo posibilidade de reacción. A seguridade e confianza do Coruxo fixo o resto.