Cargando resultados...
O Coruxo perdoa e acaba perdendo coa Segoviana (2-0)
G24.gal
09/01/2022 20:21
O Coruxo tivo moitas ocasións pero acabou perdendo no campo da Ximnástica Segoviana por 2-0. Era un partido moi importante para o equipo coruxista que viña nunha boa dinámica de resultados e xogaba diante dun rival directo.
As mellores ocasións para a Segoviana foron para o seu dianteiro Adeva ás que respostou o Coruxo con oportunidades de Mateo e Chiqui.
Os goles chegaron na segunda metade cun dobrete de Álex Conde que marcou nos minutos 57 e 71. Con este resultado a Segoviana supera o Coruxo na clasificación. O equipo vigués remata a primeira volta fóra de postos de descenso directo á espera do que faga o Salamanca UDS no seu partido adiado contra o Compostela.