O Coruxo perde no tempo engadido contra o Valladolid Promesas
Os de Jacobo Montes recibiron o primeiro gol da temporada
O técnico cre que o seu equipo ten que mellorar ofensivamente; só marcou un gol
O Coruxo apañou nos Anexos de Zorrilla o primeiro gol da temporada. Marcouno Íker Pérez no tempo de compensación do partido contra o Valladolid Promesas e significou a primeira derrota da temporada para os dos irmáns Montes.
Foi un partido en que as mellores ocasións foron do equipo galego, pero o Coruxo, que so meteu un gol no que vai de temporada, non estivo atinado. A acción decisiva naceu dun córner a prol dos vigueses pero, na contra local, Íker Pérez apareceu para enviar o balón á rede e deixar os tres puntos en Pucela.
Jacobo Montes laiouse desta acción que condicionou o partido e afirmou que o seu equipo terá que manter a seguridade defensiva e mellorar en ataque para recuperar a súa identidade, a dun equipo ofensivo.