Cargando resultados...
O Coruxo estrea a Liga de 2.ª Federación cun triunfo sobre o Valladolid Promesas (3-2)
Os vigueses déronlle a volta ao 0-1 cos goles de David Añón, Teles e Borja
O 3-2, obra de Dani Fernández, chegou xa no tempo engadido
G24.gal
02/09/2023 22:01
O Coruxo estreou a Liga no Vao cunha vitoria ante do Valladolid Promesas. Os de David de Dios comezaron perdendo. Marcou para o cadro pucelano Chuki á media hora de xogo.
E logo dun penalti cometido sobre David Añón, el mesmo se encargou de transformalo no empate, minuto 42.
O segundo gol dos vigueses marcouno Vanderson Teles, logo de aproveitar un grave erro do porteiro visitante, Rafús. Minuto 53.
O tres a un marcouno Borja no minuto 82. Parecía que o encontro estaba xa sentenciado, pero no minuto 6 do engadido, Dani Fernández establecía o 3 a 2. Non houbo tempo para máis. O Coruxo estreouse con vitoria no Vao