Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo deixa escapar o triunfo no minuto 94

O Coruxo deixa escapar o triunfo no minuto 94

G24.gal 27/02/2022 20:40

O Coruxo tiña o cuarto triunfo consecutivo na man, pero un gol de Pana na última acción do partido custoulle ceder un empate diante do Langreo (1-1). 

O encontro estaba encamiñado, grazas ao gol de Antón de Vicente xusto antes do descanso. Mesmo tivo unha ocasión clarísima para poñer o 0-2 cun lanzamento de Youssef cando non había porteiro. Precisamente nun saque de Torre, o gardameta asturiano, chegou a xogada do gol de Pana nun remate de cabeza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade