Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo comeza a ver porta e sae do perigo

O Coruxo comeza a ver porta e sae do perigo

Gañou por 3-1 diante do Palencia con goles de Antón, Chiqui e Silva

10 puntos de 15 posibles desde a chegada dos irmáns Montes

G24.gal 23/01/2022 14:08

O Coruxo continúa coa súa escalada e gañou diante do Palencia por 3-1 demostrando que está a coller confianza diante da porta contraria, o seu principal lastre na primeira volta. 

Un temperán gol de Antón foi decisivo para gañar en tranquilidade. Xusto antes do descanso Chiqui marcaba o 2-0. O equipo dos irmáns Montes controlou o segundo tempo no que houbo poucas ocasións. Só nos últimos minutos se moveu o partido. Álvaro Gómez recurtou no 89 pero Silva sentenciou no 92. 

Desde o troco de adestrador o Coruxo leva sumados 10 puntos de 15 posibles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade