Publicador de contidos

Publicador de contidos

Educación fala de "normalidade notable" na volta ás aulas malia que se cuadriplicaron os casos tras o Nadal

Educación fala de "normalidade notable" na volta ás aulas malia que se cuadriplicaron os casos tras o Nadal

Nestes momentos hai uns 12.000 casos de covid nos centros educativos galegos

Dende o 1 de xaneiro cubríronse 1.800 baixas de profesores

G24.gal 18/01/2022 14:40

O incremento de casos de covid tras as festas é evidente no caso dos centros educativos. Nestes momentos hai uns 12.000 contaxiados, unha cifra que cuadruplica o número de positivos que había nese ámbito antes das vacacións de Nadal.

"É unha porcentaxe similar á dinámica da sociedade, o Nadal supuxo un amento notable dos casos: á volta das vacacións multiplicáronse por catro os casos", di Román Rodríguez.

Con todo, o conselleiro de Educación di que o curso se reiniciou cunha "normalidade notable", e explica que dende o un de xaneiro xa se cubriron de maneira urxente 1.800 baixas de profesores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade