Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os presupostos superan o primeiro trámite parlamentario

Os presupostos superan o primeiro trámite parlamentario

Rexeitadas as sete emendas á totalidade

Rufián avisa: "Non sei se teñen gasolina para tanta viaxe"

G24.gal 04/11/2021 08:41 Última actualización 19:47

Cunha pechada ovación, a bancada do Goberno celebraba a aprobación do Congreso para que os presupostos sigan a tramitación parlamentaria. Salvaron as sete emendas á totalidade 188 votos contra 156.

Pero os grupos que este xoves se puxeron do lado do Goberno avisan: dentro dun mes poden estar en fronte.  Oskar Matute, de EH Bildu, advertía: "A nosa responsabilidade non pode nin debe ser entendida como un cheque en branco".

E Idoia Sagastizábal, do PNV, aseguraba: "Fáltanos un bo treito para acordar os presupostos".

O máis duro foi Gabriel Rufián. O voceiro de Esquerra Republicana emprazou o executivo a remangarse para mellorar o presuposto no trámite de emendas parciais e instouno a rebaixar a soberbia.

"Comezan a ter moita xente moi cabreada, demasiado cabreada. Señores do Goberno, calculen ben as súas forzas porque non sei se lles queda gasolina nos motores para tanta viaxe", dixo o voceiro republicano.

A ministra de Facenda María Jesús Montero admitía: "Somos moi conscientes de que nunca este Goberno ten un cheque en branco, que termos que suar a camiseta".

A diferenza da primeira xornada, este xoves Pedro Sánchez si estivo no hemiciclo. Á saída, un saúdo co voceiro de Esquerra Republicana de Catalunya anticipaba os moitos contactos que terán que manter ata o seguinte exame, dentro dun mes, cando se volva votar o texto xa definitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade