Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso rexeitou por terceira vez adiantar o dereito a voto aos 16 anos

O Congreso rexeitou por terceira vez adiantar o dereito a voto aos 16 anos

PSOE, PP, Ciudadanos e Vox votaron en contra da proposta de Esquerra Republicana, que ampliaría o censo electoral en case un millón de persoas

G24.gal 27/09/2022 20:34 Última actualización 27/09/2022 20:48

O Congreso rexeitou por terceira vez a posibilidade de que poidan votar os maiores de 16 anos.
Nin o PSOE nin o PP apoiaron a proposta de Esquerra Republicana, que implicaría reformar a lei electoral e ampliaría en case un millón de persoas o censo de cidadáns con dereito a voto en España.

Tampouco tivo o apoio de Ciudadanos, Vox e o PNV.

Así e todo, os socialistas comprometéronse a abrir o debate na subcomisión para a reforma electoral, como ten pactado con Unidas Podemos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade