Cargando resultados...
O Congreso debaterá unha lei do PP con deducións fiscais de 600 euros para as persoas celíacas
A norma pode beneficiar unhas 500.000 persoas en España

G24.gal
21/10/2025 20:48
Última actualización 21/10/2025 20:52
O Congreso aprobou este martes a tramitación dunha lei promovida polo Partido Popular que propón deducións fiscais de 600 euros para as persoas celíacas.
O obxectivo é axudarlles a paliar os sobrecustes da súa alimentación.
Os populares calculan que se poderán beneficiar das axudas unhas 500 mil persoas en España. A norma tamén prevé a creación dun rexistro nacional de celíacos.