Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso avala os catro candidatos ao Tribunal Constitucional

O Congreso avala os catro candidatos ao Tribunal Constitucional

Os candidatos recibiron o apoio de PSOE, PP e Unidas Podemos

Os demais abandonaron a sesión por considerala "un teatriño"

G24.gal 02/11/2021 17:53

O Congreso avalou este martes a idoneidade dos catro candidatos para renovar o Tribunal Constitucional cos votos de PSOE e PP, que defenderon o seu acordo, e Podemos, que practicamente gardou silencio no debate, do que se ausentaron a maioría de grupos por velo un "teatriño" e un "paripé".

Con 242 votos a favor, ningún en contra e 12 abstencións, a Cámara Baixa apoiou o perfil dos candidatos, o que supón facer o mesmo co "pacto" entre socialistas e populares para renovar o TC. Por iso, os grupos que quedaron fóra do acordo manifestaron o seu rexeitamento, uns abandonando a sesión tras unha intervención inicial, como foi o caso do portavoz de Vox, Iván Espinosa de los Monteros, e outros como o portavoz adxunto de Cs, Edmundo Bal. "Non imos participar nisto.

"É a culminación dun proceso no que se falta ao respecto ás institucións", incidiu Espinosa de los Monteros; mentres que Bal dixo que "aquí está todo o peixe vendido" e que, en alusión ao catedrático Enrique Arnaldo, "vostede é nomeado por ser amigo de alguén do PP".

Outros directamente non fixeron acto de presenza, como os socios parlamentarios do Goberno de coalición, ERC e PNV, ademais da CUP e Compromís.

Como era de esperar, PP e PSOE celebraron o acordo alcanzado, pero aínda que os populares pediron non deslexitimar a elección, máis rechamante foi a intervención do socialista Odón Elorza, que expresou as súas dúbidas sobre a imparcialidade de Arnaldo, a pesar de que o seu partido aceptou o seu nome no acordo cos populares

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade