Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home bate contra oito coches e fuxe; agora di que adormeceu ao volante

Un home bate contra oito coches e fuxe; agora di que adormeceu ao volante

O condutor aínda percorreu un quilómetro máis antes de abandonar o vehículo na zona portuaria 

Foto dos danos sufridos polo coche causante do accidente no Grove
G24.gal 20/02/2023 14:24 Última actualización 20/02/2023 15:05

Varios coches quedaron visiblemente danados por mor do accidente que se rexistrou esta fin de semana no Grove. Eran as cinco e media da mañá cando un condutor que circulaba pola zona de Confín levaba por diante varios vehículos que estaban estacionados no paseo.

"Un rastro de vehiculos danados, un total de oito, máis o vehículo causante, que atopamos a posteriori, dous impactos moi forres contra os dous primeiros vehículos e a continuación unha especie de efecto dominó que fai que golpeen uns a continuación de outros", explica Marcos Bouza, axente da Policía Local do Grove.

Durante esa madrugada e a mañá seguinte comezan a chegar as denuncias dos propietarios dos vehículos afectados. O coche causante dos estragos continúa abandonado no porto. O condutor non está no seu domicilio, pero esa mesma tarde preséntase nas dependencias da Policía Local do Grove. 

"Admite os feitos, que él era o condutor do vehículo. o que sucedeu, e di que desexa prestar manifestación sobre o que sucedeu. Declara que se quedou durmido, que non lembra exactamente o que sucedeu. Lembra o do golpe e que posteriormente deixou o coche estacionado onde nós o atopamos e se foi a casa a durmir, ata que espertou e se presentou nas nosas dependencias", explica o axente Marcos Bouza.

O conductor é un veciño da localidade. Haberá que agardar a peritaxe dos danos ocasionados nos vehículos para saber se  pode enfrontarse a un delito de danos por imprudencia. A Garda Civil, encargada agora da investigación, confirma que en principio hai unha denuncia administrativa contra el, por abandono do lugar dos feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade