Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Ares pide que se limite ao imprescindible o uso da auga

O Concello de Ares pide que se limite ao imprescindible o uso da auga

A rede de abastecemento non dá abasto coa chegada dos turistas

G24.gal 23/07/2025 16:18

Co verán chegan as restricións de auga a moitos puntos de España, e en Galicia xa hai concellos que recomendan un uso responsable da auga.

É o caso de Ares, que esta semana publicou un bando coas seguintes recomendacións:
-Evitar poñer as lavadoras os sábados e domingos polas mañás e tamén entre as 8 e as 9 da noite. 
-Non poñer o lavalouza a media tarde ou despois das dez da noite. 
-Facer duchas curtas, de menos de cinco minutos. 
-Evitar a dobre carga dos inodoros, agás cando sexa "estritamente necesario". 
-Eviten usos que non sexan imprescindibles, como encher piscinas, baldear patios ou lavar coches.

A rede de abastecemento de auga de Ares non dá abasto.

A rede actual non está preparada para a poboación que a vila recibe cada verán. Nestas datas pasan de 6.000 a 18.000 habitantes.

O Concello pídelles un esforzo aos veciños e recoméndalles duchas curtas, poñer menos a lavadora e nada de regar ou baldear.

A situación indigna os veciños, que lle esixen ao Concello solucións.

Porque de momento a auga só é para o imprescindible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar