Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela traspásalle a crise a Yago Iglesias

O Compostela traspásalle a crise a Yago Iglesias

Vitoria santiaguesa por 0-3 no campo do Zamora

G24.gal 02/10/2022 21:50

O Compostela gañou por 0-3 no campo do Zamora e traspasoulle a crise ao técnico galego Yago Iglesias. O que fora adestrador do Compostela durante cinco temporadas queda nunha situación comprometida á fronte dun aspirante ao ascenso que está moi lonxe do obxectivo. 

Encamiñou a vitoria Pablo Antas no minuto sete á saída dun córner. Xusto antes do descanso, Jordan empurrou á rede nunha acción de contragolpe. O Compostela nunca temeu polo triunfo e no treito final marcou o lateral Damián o terceiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade