Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela pásalle por riba ao Salamanca (4-2)

O Compostela pásalle por riba ao Salamanca (4-2)

Gañou o encontro adiado e colócase como o terceiro clasificado con 37 puntos

G24.gal 23/02/2022 21:59

O Compostela pasoulle por riba ao Salamanca ao que superou dun xeito moi claro por 4-2. Con este resultado sitúase na terceira posición con 37 puntos en 22 partidos, os mesmos que os outros equipos da zona alta. 

Nos primeiros vinte minutos houbo unha borracheira de goles. No un anotou Fer Beltrán. Empatou o Salamanca no cinco cun tanto de Ibán Ribeiro. No dez e no vinte marcaron Escudero e Primo. 

Os outros tantos foron na segunda metade. Parapar fixo o cuarto para os composteláns e Ibán Ribeiro repetiu para recurtar diferenzas xa nos últimos minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade