Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Comité de Competición mantén a tarxeta vermella a Iván Villar

O Comité de Competición mantén a tarxeta vermella a Iván Villar

O Celta non irá o Comité de Apelación

Isto abre a porta á primeira titularidade do curso de Vicente Guaita

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 25/10/2023 16:47 Última actualización 25/10/2023 18:57

O Comité de Competición desestimou as alegacións que presentara o Celta á tarxeta vermella que o colexiado Guillermo Cuadra Fernández mostrou ao porteiro Iván Villar o sábado fronte ao Atlético de Madrid.

Deste xeito, mantense o partido de sanción para o gardameta de Cangas, que non estará dispoñible para o compromiso fronte ao Xirona en Montilivi. O Celta decidiu que non irá o Comité de Apelación.

Isto abre a porta á primeira titularidade do curso de Vicente Guaita, que debutou por mor desta xogada, antes da media hora do choque. O Comité di examinar "as probas videográficas traídas ao procedemento polo club interesado, así como os fotogramas incorporados ao propio escrito de alegacións" e conclúe que "non contradín a apreciación arbitral nos termos e co alcance que quedou expresado nas liñas precedentes".

Subliñan que "a descrición do feito que o árbitro reflicte na acta en relación coa conduta despregada polo xogador expedientado non resulta desvirtuada polas imaxes que determinaron a decisión de expulsalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade