Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación en Santiago para esixir que se aprobe a lei trans canto antes

Manifestación en Santiago para esixir que se aprobe a lei trans canto antes

Sinalan os enfrontamentos políticos como orixe do adiamento sucesivo do proxecto lexislativo

 

G24.gal 05/11/2022 14:16 Última actualización 05/11/2022 14:32

O colectivo de persoas trans e as súas familias convocaron este mediodía unha manifestación en Santiago de Compostela para esixir a aprobación definitiva da lei trans canto antes e visibilizar a súa problemática.

Baixo o lema "dereitos humanos para todas as persoas trans", a asociación de familias de menores trans Arelas organizaba a marcha reivindicativa que tiña como destino a praza do Obradoiro.

Demandan unha lei garantista en cuestións como a autodeterminación de xénero e denuncian os continuos adiamentos do proxecto lexislativo por mor dos enfrontamentos entre partidos políticos.

Aseguran que tanto os menores trans coma as súas familias están a sufrir o rexeitamento e o acoso social e, por iso, piden que a lei se aprobe canto antes, pola dignidade de todas as persoas trans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar