Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cinema galego está presente en San Sebastián con 'Matria'

O cinema galego está presente en San Sebastián con 'Matria'

A cinta chega ao festival vasco tras pasar por Berlín e Málaga

G24.gal 28/09/2023 14:25 Última actualización 28/09/2023 14:40

É a ópera prima de Álvaro Gago no formato da longametraxe. Matria preséntase en San Sebastián tras pasar polos festivais de Berlín e Málaga, onde a súa protagonista, María Vázquez, recibiu o premio Biznaga de Prata á mellor actriz.

Gago fixo un drama realista no ronsel do cinema social europeo, pero en vez de centrarse en homes, como fai case exclusivamente este, o director galego puxo o foco nas mulleres. Obreiras que sofren unha precariedade aumentada polo seu xénero.

"Ábrese o pano e dá igual en Italia que Exipto, a xente conecta cos sentimentos, aínda que claro, se a ven en Vilanova, a conexión é máis forte, di Álvaro Gago, o director de Matria.

Estreouse en primavera e desde aquela rula polo mundo desde Europa a América do Norte e do Sur, Asia e dentro de pouco en África coa súa proxección no Cairo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos