O chavismo e a oposición inician o diálogo para abordar a transición en Venezuela
As negociacións impulsadas polos Estados Unidos tratarán a reforma das institucións e o proceso democrático
Europa Press
O chavismo e un grupo da oposición venezolana iniciaron este xoves en Caracas unha mesa de diálogo impulsada polos Estados Unidos para abordar a transición política do país, sete meses despois da captura de Nicolás Maduro por tropas estadounidenses.
As delegacións, encabezadas por Jorge Rodríguez en representación do Goberno e pola exdeputada opositora Dinorah Figuera, acordaron un primeiro ciclo de negociacións o 12 de agosto. As parte subscribiron un documento no que se comprometen a respectar a soberanía nacional, negociar de boa fe e buscar unha solución política, pacífica e democrática para Venezuela.
Na axenda figuran cuestións como a reforma do Consello Nacional Electoral, a reinstitucionalización do Tribunal Supremo de Xustiza e as garantías dos dereitos políticos.
Os Estados Unidos cualificaron o diálogo como unha "oportunidade única" para avanzar cara á reconciliación e á transición democrática e expresou o seu apoio ao proceso. Pola súa banda, a Plataforma Unitaria Democrática confiou en que as conversacións se traduzan en "avances reais" para o país, aínda que figuras como María Corina Machado e Edmundo González Urrutia non participan nesta negociación.