O celtismo pinta as unllas contra a homofobia
A iniciativa, promovida pola peña Carcamáns, conta co apoio da entidade presidida por Marian Mouriño e o resto de agrupacións celestes
As peñas do Celta instan os afeccionados que acudan este domingo a Balaídos, con motivo do partido de Liga contra o Raio Vallecano, a ir coas uñas pintadas para mostrar a súa repulsa contra a homofobia tras os graves insultos que recibiu o dianteiro Borja Iglesias á conclusión do encontro contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán.
A iniciativa, promovida pola peña Carcamáns, conta co apoio da entidade presidida por Marian Mouriño e o resto de agrupacións celestes. Incluso o colectivo Merlegos Celestes ofrece por 10 euros un servizo de pintado de uñas semipermanente coa imaxe dun oso panda.
Borja Iglesias leva anos combatendo a homofobia. O internacional español, ademais de pintar as uñas, tamén protagonizou unha enxeñosa campaña a favor desta causa en que ‘saía do armario’ anunciando ser heterosexual.
Contade con nós, @CarcamansCeles 💅
— Celta (@RCCelta) January 15, 2026
Celtista, este domingo... ao estadio coas unllas pintadas! pic.twitter.com/w8B9NKkCrk