O Celta vai collendo forma
Rematou a minixira americana do Celta, minixira á que foron con tan só dezaoito xogadores para dous partidos. E mentres, non pararon de sucederse as chegadas de novos xogadores para o equipo.
O Celta rematou a minixira americana e regresa a Afouteza. Os partidos contra Pumas e San José non serviron para tirar moitas conclusións, máis aló de que o gol segue a ser unha exclusiva de Iago Aspas. Das fichaxes que estiveron na xira só Óscar Rodríguez apunta a titular
Porque Luca de la Torre e Williot Swedberg son apostas do club a medio prazo e está por ver cantos minutos está disposto a darlles Coudet. Unai Núñez si que parece ter un sitio no eixo da defensa a carón de Aidoo.
Precisamente a defensa é a única liña que está completa. Unai, Javi Galán,, Aidoo e Hugo Mallo serán a base do equipo. Por diante Beltrán parte con vantaxe sobre Tapia. Cervi e Óscar Rodríguez parecen ter un sitio no centro do campo e Iago seguirá a ser a referencia. Pero faltan moitas pezas, na portería Rubén marchou a Marsella e búscase un gardameta titular.
No centro do campo a chegada de Carles Pérez, non se acaba de pechar e na dianteira o nome que soa agora para acompañar a Iago é Borja Mayoral pero o Madrid quere cartos e o Xetafe estaría disposto a poñer 10 millóns enriba da mesa. Luis Campos ten moito traballo que facer porque ademais en Afouteza agardan Denis e Santi Mina que son unha carga importante no limite salarial. A liga empeza en 3 semanas e non agarda por ninguén.