O Celta tentará aproveitar a esixencia do calendario do Mallorca
O venres xoga diante do equipo da illa, que terá este martes un compromiso copeiro en San Sebastián
O Celta segue abonado a xogar os venres e desta volta tocará visitar o Mallorca. No medio dunha intensa néboa, o equipo volveu aos adestramentos despois de dous días de descanso tras o empate contra o Vilarreal.
Carvalhal dispón de todos os efectivos para o partido de Son Moix, o penúltimo da primeira volta. O Celta viaxará o xoves pola tarde a Mallorca, onde tentará manter a boa liña dos últimos encontros. Os vigueses pecharán a primeira volta en Balaídos, o 29 de xaneiro, ante o Athletic.
O Celta ten 17 puntos e con 22, na metade da táboa, aparece o Mallorca de Javier Aguirre. Nas últimas cinco xornadas gañaron tres partidos. Este martes o Mallorca ten eliminatoria copeira en Anoeta, onde buscará os cuartos de final ante o terceiro clasificado a partido único. A eliminatoria prevese complicada e Aguirre, pensando tamén no choque de Balaídos, anuncia rotacións.