Cargando resultados...
Benítez ten un novo viquingo: Carl Starfelt xa é oficial
Carl Starfelt chega dende o Celtic e reforza a defensa celeste
G24.gal
10/08/2023 12:15
Benítez completa a súa zaga coa fichaxe do sueco Carl Starfelt. O central sueco chega dende o Celtic de Glasgow e loitará pola posición na que xa están Aidoo, Unai Núñez, Carlos Domínguez e Fontán.
O xogador era moi importante para Brendan Rodgers no equipo escocés, pero a marcha da súa parella, Jacynta Galabadaarachchi, tamén futbolista, ao Sporting de Portugal apresurou a vontade do sueco de saír preto de Portugal.
Central de 28 anos e 1,87 de altura que xa foi internacional coa selección sueca e xa disputou competicións europeas (1 encontro de Champions League, 7 de Europa League e 2 de Conference).
Con esta fichaxe o club celeste pecha o eixe da defensa.
