O Celta ten un calendario propicio para definir a súa situación na liga
Terá rivais como o Mallorca, o Alavés, As Palmas e o Xetafe
Luca de la Torre regresa co nariz fracturado tras xogar cos Estados Unidos
Queda un mes para o vindeiro parón de Liga. Chegan cinco xornadas dun calendario axeitado para ir perfilando onde pode situarse este Celta. Un mes con rivais como Mallorca, Alavés, As Palmas e Xetafe.
Tres partidos en Balaídos e dous como visitante. Este sábado ante o Mallorca. E a vindeira semana o encontro máis duro, co Barcelona en Montjuic. Logo, para pechar setembro, un xoves ante o Alavés. E para abrir outubro, visita un luns ao campo das Palmas, e a fin de semana cita ante o Xetafe. Cinco xornadas antes doutra paraxe polos partidos oficiais da selección española.
E mentres, Luca de la Torre regresa co nariz fracturado tras xogar cos Estados Unidos. De la Torre fracturou o nariz no amigable que Estados Unidos xogou ante Uzbekistán. Cando volva a Vigo haberá valoración por parte dos médicos do Celta. Se está en condicións de xogar co Mallorca ou non.