O Celta sumou 8 puntos nas primeiras 14 xornadas, a cifra máis baixa desde a 95/96
Ao Celta réstanlle cinco partidos para que remate a primeira volta: Cádiz, Raio, Granada, Vilarreal e Betis
O Celta só sumou 8 puntos nas primeiras 14 xornadas e, aínda así, o equipo está a un só punto da salvación. O equipo vigués está asinando un mal arranque de Liga, pero ao seu arredor hai varios equipos que tampouco logran sumar vitorias, así que este ano a permanencia pode ser a máis barata dos últimos anos.
Ao Celta réstanlle cinco partidos para que remate a primeira volta. Ante Cádiz, Raio, Granada, Vilarreal e Betis.
Dende a temporada 95/96, momento en que se instaurou o valor de tres puntos por vitoria, a cifra de puntos máis baixa a estas alturas era de dez. Ocorreu en catro temporadas. Neses anos, o descenso estivo marcado por diferentes puntuacións:
-39 na 2006/07, curiosamente o Celta foi o último equipo descendido, no mesmo ano que xogou UEFA.
-Con 43 puntos baixouse na 10/11, o Deportivo
-Con 32 na 14/15, o Almería
-Con 29 puntos descendeuse no 2018, se ben nesa ocasión o último equipo en salvarse sumou 43.
Así, a mellor terapia ou remedio para mellorar a saúde deportiva é sumar o maior número de puntos posible, comezando este luns ante o Cádiz.