Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta rexistra un dos peores datos ofensivos das últimas campañas, con só 37 goles

O Celta rexistra un dos peores datos ofensivos das últimas campañas, con só 37 goles

O Celta é ademais o equipo que menos goles marca a balón parado

G24.gal 03/05/2022 15:16

O Celta suma 37 goles. Unicamente 37 goles en 34 xornadas. Iso explica, se cadra, as carencias do Celta esta temporada.

E dos 37 goles, Santi Mina e Iago Aspas asinaron un total de 22. Aspas leva 15 e só nove xogadores participaron nesta escasa produción ofensiva dos celestes, das máis baixas en moitos anos.

Só en dúas ocasións marcou menos: 33 na 2019-20 e os mesmos 33 na 2012-2013.

O Celta é ademais o equipo que menos goles marca a balón parado. Só meteu tres, polos 14 do Sevilla ou os 12 do Granada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos